Comité de Pais

O comité de pais é un órgano consultivo

O comité de pais é un órgano consultivo e colaborador co kraal de responsables do grupo. Representan a todos os pais e nais, pero non teñen poder decisorio por eles mesmos nin en nome do resto de familias.

A función principal do comité é ser nexo de unión entre as familias e os responsables, de xeito que o kraal poida coñecer os problemas, suxerencias, inquedanzas… que teña calqueira familia dunha forma máis rápida.

Por outro lado, o comité ten a labor de coordinar e facilitar a relación educativa das familias co grupo, axudar na planificación de actividades se se lles pide, participar en actividades puntuais e tamén, e moi importante, animar e fomentar nas familias do grupo un sentimento de confianza cara o kraal, para que haxa unha comunicación fluída e habitual, que poida axudar a mellorar as actuacións educativas cos nenos/as, rapaces e rapazas do grupo.

 

Actualmente o comité de pais está formado por:

  • Manuela Beiro
  • Merchy García
  • Ángeles González
  • Gely Vázquez
  • Belén Calvete

                                                             

FOTO

Merchy García:

Dende os 11 anos ata os 27 estiven no grupo Scout Nyeri. Pasei por tódalas ramas, excepto a de lobecos (daquela non había nenas!!!). Pódese decir que na miña casa viviuse o escultismo. Tanto os meus irmáns como os meus pais (no comité), estivemos unha parte moi importante das nosas vidas nesta gran familia.

Agora, despois de 12 anos, volvo a vivir como pai o escultimo.