Oct 16 2016

Actividades sábado 15 outubro

Este pasado sábado 15 as distintas ramas de Stoas fixeron o seguinte:

-Lobecos: foron até o C.C. dos Rosales á facer un xogo de descuberta e entrega de folletos promocinais do grupo.

-Rangers: estiveron pensando na súa aventura.

-Pioneiros: redactaron a súa constitución e pensaron nunha posible empresa.

-Rotas: cada comunidade rematou a súa programación.

Deixamos algunha foto destas actividades.

img-20161015-wa0031

img-20161015-wa0030

img-20161015-wa0029

img-20161015-wa0028

img-20161015-wa0027

img-20161015-wa0026

img-20161015-wa0025

img-20161015-wa0024

img-20161015-wa0023

img-20161015-wa0022

img-20161015-wa0021

img-20161015-wa0020

img-20161015-wa0019

img-20161015-wa0018

img-20161015-wa0017

img-20161015-wa0014

img-20161015-wa0013

img-20161015-wa0011

img-20161015-wa0010

img-20161015-wa0009

Oct 08 2016

Actividades sábado 8 outubro

Despois do pasado fin de semana onde fixemos a acampada de inicio de xeira cos pases de rama, tocaba comezar coas actividades por ramas. Este sábado os rangers e rotas reuníronse pola mañá no horario de sempre (11:30-13:30h) e comezaron a funcionar como rama. Os rangers déronlle á benvida a María, que é unha scout de Pamplona que ven a vivir á Coruña e a Uriel, irmán de Quimey. Despois diso repartiron os cargos das patrullas, algunhas fichas do caderno de caza e estiveron xogando a varios xogos de mesa. Mentres os rotas fixeron a asamblea de clan de inicio de xeira para elixir ao seu secretario-moderador (moitas felicidades Nico por o teu novo cargo) e divididos polas comunidades de partida estiveron facendo a súa programación e calendarización de actividades.

Pola tarde foi a quenda dos lobecos e pioneiros, nun horario novo para Stoas: de 16:30 a 18:30h. Os lobecos déronlle a benvida a unha nova lobeca chamada María, actualizaron o panel de seisenas cos novos cargos e estiveron organizando o material que trouxeron para vender no mercadillo do Pilar que vai facer o grupo proximamente. Por outra banda os pioneiros fixeron a súa constitución e estiveron falando da nova etapa e do que esperan facer esta xeira.

Deixamos algunha foto do que foron as actividades deste sábado e despedímonos até o mércores 12, día da Nosa Señora do Pilar, festivo no que quedaremos ás 11h da mañá nos locais para montar o mercadillo enfronte da igrexa do Pilar. Esta actividade dura de 11 a 14h. Recordamos que este extrajob coma todos os desta xeira irán destinados a financiar o campamento de verán do JamScout. Non vos esquezades de traer cousas para vender aqueles que non as trouxéchedes hoxe.

img-20161008-wa0009

img_20161008_114344

img_20161008_114359

img_20161008_114438

img_20161008_115302

img_20161008_115957

img_20161008_120218

Sep 27 2016

Acampada inicio de xeira

scout-de-acampadaA xeira 2016-2017 está a piques de comezar. Como sabedes esta xeira comeza cunha acampada no Monasterio de Bergondo: https://www.google.es/maps/place/Monasterio+de+Bergondo/@43.3224157,-8.2433187,17z/data=!3m1!4b1!4m5!3m4!1s0xd2e6e153d47956f:0x90cda413acde9ca4!8m2!3d43.3224157!4d-8.24113

Saímos o venres ás 20h da estación de autobuses. Hai que estar ás 19:30h na porta do reloxo. A volta é o domingo sobre as 18h, como sabedes o domingo será un día de familias onde estades todos invitados a vir a compartir a comida todos xuntos. Cada familia ten que traer algo para comer e será unha comida compartida. Aqueles que non poidades vir o domingo teredes que firmar unha autorización para que o voso fillo ou filla viaxe de volta no coche doutro pai, nai ou responsable.

Para vir á acampada os rapaces teñen que ter a documentación (ficha de inscripción e ficha médica) actualizada e ben cuberta a autorización anual de saídas e campamentos, da que deixamos unha copia aquí: modelo-autorizacion-toda-a-xeira

O que teñen que traer a acampada é:
-Mochila.
-Saco de durmir e esterilla.
-Pixama.
-Cea para o primeiro día.
-Tarxeta sanitaria orixinal.
-Uniforme posto para a saída.
-Caderno de caza.
-Toalla e neceser (xabón, champú, peine, cepillo de dentes, pasta dentrífica, desodorante…)
-Chanclas.
-Muda para o fin de semana.
-Botas ou calzado fixo ao pé e impermeable.
-Calzado de reposto.
-Ropa de abrigo.
-Chuvasqueiro.
-Linterna.
-Prato, poto, cubertos e servilleta todo dentro dunha bolsa de tea (a típica da merenda dos nenos pequenos).
-Bolsas plásticas para roupa sucia.

Recordamos que non están permitidos os aparellos electrónicos como móbiles, tablets, consoloas…nin as chucherías e bebidas con gas. Non fai falta que leven cartos.

Vémonos o venres na estación de autobuses!

Página 8 de 88« Primera...678910...203040...Última »