Dic 04 2016

Información Campamento verán JAMSCOUT

jamscout-636x395Boas noites familias! temos a vosa disposición un dossier con información actualizada do Jamscout: o campamento de verán deste ano. Esperamos que vos sexa útil e ante calquera dúbida non o pensedes, podedes preguntarnos a nós ou facerlle chegar esa cuestión aos organizadores deste gran evento. Queda pouco para ter que facer o primeiro pago polo que todos aqueles que querades que o voso fillo ou filla vaia a este campamento avisade por wasap a Akela para ir facendo a listaxe de asistentes e así poder inscribilos.

Para descargar o dossier sobre o JamScout, premede no seguinte enlace: dossier_familias_definitivo-jamscout

Nov 27 2016

As pioneiras de Stoas venden postres para a súa empresa

Neste domingo pola mañá Carla e Tori estiveron vendendo postres na parroquia de San Francisco Javier e Nosa Señora do Pilar para financiar a súa empresa. Outro domingo de éxito no que venderon todo o que fixeron.

img_20161127_130854

img_20161127_130907

img_20161127_130921

Nov 27 2016

Os lobecos van á piscina!

No día de onte a manada de lobecos Dewanee tiveron unha reunión especial xa que saíron até a piscina do Agra para pasar unha tarde divertida a remollo. Fixeron moitos xogos acuáticos e ao rematar compartiron unha merenda nos locais do grupo.

img-20161126-wa0014

img-20161126-wa0015

Página 6 de 88« Primera...45678...203040...Última »