Jun 10 2013

Cun paracaidas na entrada do Ágora

Este pasado sábado quixemos ter unha actividade especial, que fora tan divertida como é sempre, pero aberta a que viñeran outros nenos e nenas. Para isto pedímoslle colaboración ó Ágora, no cal promocionamos a actividade. Estivemos no horario normal das nosas actividades, na parte trasera, que está cuberta e por onde se pode entrar directamente á biblioteca.

Comezamos cun xogo de presentación, para coñecer ós novos e que estes coñecesen ós veteranos. A verdade é que eramos moita xente e viñeron sete nenas e nenos, tres con idade ranger e catro con idade de lobeco. Ó rematar a actividade todos coincidían en que o pasaran moi ben e algún xa preguntou polo campamento de verán e por cando comezará o curso seguinte. Tamén algún se apuntou á saída do acuapark do sábado 15, que será a actividade ordinaria final desta xeira.

A maior parte do tempo estivamos xogando co noso novo paracaidas. Fixemos moitos xogos diferentes, a cada cal mellor, disfrutando moitisimo e chamando a atención da xente que estaba na biblioteca. Tamén, para quen quixera, estaban Emma e Baloo pintando a cara e facendo figuras de globoflexia. Ó final recollimos todo e marchamos cara o noso local para despedirnos ata o día seguinte que volvimos xuntarnos polo día das familias. 1370865366582

Jun 06 2013

Día das familias!!

DSCN0712

O prometido é débeda e tiñamos que informarvos sobre a actividade deste domingo 9 de xuño que non é outra que o día das familias!! Este ano, por motivo da choiva, xuntarémonos todos nos locais e, no caso de que o tempo nolo permita poderemos ir onde tiñamos pensado dende un principio.

A nosa idea principal era ir ata o merendero dos Rosales, o que está chegando ó monte de San Pedro, onde estivemos o ano pasado; pero como parece que vai chover, en principio quedamos nos locais e se vemos que podemos ir  desparazaríamanos ata alí.

 

De quedar nos locais a actividade remataría sobre as 16.30 horas.

Cada familia ten que levar a súa comida e bebida. Recordamos tamén que están invitados a vir non só os pais e nais senón os avós, irmáns, curmáns, amigos…

Esperámosvos a todos e deseamos que, chova ou non chova, desfrutemos deste día como facemos tódolos anos.

O planning é o seguinte:

  • 11.15h: Misa (inivitámosvos a que veñades todos, nenos e familiares)
  • 12.15: Quedada na porta dos locais (aquí xa debedes estar aqueles que non veñades a misa)
  • 12.30: Xogos varios
  • 14.00: Xantar todos xuntos
  • 16.00: Xogos varios
  • 18.00: Despedida

 

Jun 02 2013

Xogos no Ágora

Actividade Agora O Grupo Scout Stoas informa a todos os nenos e nenas de entre 8 e 13 anos, sobre todo aqueles que vivan pola zona, que vamos estar o sábado 8 de xuño dende as 11.30 ata as 13.30 horas facendo unha gran variedade de xogos diante da porta principal do Ágora. Estades todos invitados a vir, coñecernos e participar xunto cos nenos e nenas do grupo, dunha mañá de diversión. A actividade e completamente gratuita. Non perdades esta oportunidade de coñecernos!!

Página 50 de 88« Primera...102030...4849505152...607080...Última »