Ene 12 2014

Asemblea da manada Dewanee

Antes de comezar coas actividades do segundo trimestre, dedicamos o primeiro sábado a facer unha valoración das actividades realizadas durante o primeiro trimestre. Cada lobeco/a compartiu a súa opinión acerca dos puntos fortes e febles de cada actividade, co fin de avaliar os intereses dos rapaces de cara á mellora.

Ademais, decidimos, a través dunha votación, comezar coa dinámica da biblioteca, polo que cada lobeco/a poderá traer un ou varios libros para comezar co intercambio de libros a partir da semana que ven. Este intercambio intentaremos facelo unha vez ó mes.

Esperamos con moitas ganas o comezo das actividades, vémonos o próximo sábado.

Un saúdo.

Dic 17 2013

Saída da manada Dewanee ó parque do Pasatempos

A semana pasada fixemos unha saída a Betanzos, onde fixemos un rastrexo para coñecer o parque do Pasatempos pola mañá. Os rapaces pasárono en grande descubrindo os camiños segredos polas covas e sacando moitas fotos. Paramos a xantar preto do laberinto, onde nos agardaban uns fermosos cisnes, e no tempo libre os lobecos desgastaron todas as enerxías que aínda lles quedaban. Pola tarde, apenas puidemos sacar un par de fotos máis (a batería non daba máis de sí), e rematámos a actividade cun par de xogos. Foi unha actividade que por culpa do mal tempo levábamos pospondo dende facía un par de anos, pero desta vez o clima acompañounos deixandonos disfrutar dun día perfecto.

2013-12-14 12.47.57 2013-12-14 12.50.36 2013-12-14 12.52.302013-12-14 14.36.482013-12-14 13.44.00

Dic 14 2013

Acampada Nadal 2013

Aquí colgamos a autorización e circular da acampada de Nadal deste ano, que terá lugar no Mosteiro de Sobrado dos Monxes do 27 ao 29 de decembro, en conxunto có Grupo Scout Ronsel de Sada.

Agardámosvos a todos!!

 

Descarga autorización aquí———inscripcion NADAL 2013———————–

Página 40 de 88« Primera...102030...3839404142...506070...Última »