Jul 26 2014

Indicacions Dia de Pais

Acehgamosvos o itinerario en google maps para que poidades localizar o lugar do campamento o vindeiro día 10

Como llegar por Google Maps

Jun 09 2014

Saída ao aquapark de Cerceda

O domingo 8 de xuño de 2014 o Grupo Scout Stoas realizou a tradicional saída de fin de xeira ao aquapark de Cerceda, como é costume, co resto da parroquia de San Francisco Javier, Nuestra Señora del Pilar e San Pedro. Este ano o tempo ameazaba con facer suspender a actividade, pero despois de moito darlle a cabeza pensando qué facer decidiuse comer no local e sair ás dúas da tarde. Chegamos e aínda estaba algo nublado, pero pronto comezou a despexar quedando unha tarde bastante agradable con sol e temperaturas suaves que deixaban meterse na auga.

P1020419

Jun 04 2014

Campamento Baamonde 2014

O sábado pasado, 31 de maio, fixemos a reunión de pais previa a cada campamento e queda pendente que vos deamos o folleto no cal está toda a información necesaria e a autorización para que vos apuntedes.

[important]Non vos esquezades que debedes apuntarvos e pagalo antes do sábado 5 de xullo a través dunha transferencia bancaria na conta do grupo.[/important]

Este campamento vai ser especial e para que sexa algo inolvidable precisamos que veñades todos e todas. Facede todo o posible por vir e tede en conta que o campamento é o culmen do traballo que se estivo a facer durante toda a xeira e é o principal espazo educativo onde se practica o escultismo e os rapaces aprenden á vez que xogan e se divirten xunto con outros rapaces e rapazas.

Para descargar preme no seguinte enlace: triptico campa baamonde

A parte de poder descargarlo aquí, tamén llo daremos aos nenos/as nas actividades que quedan ata o 21 de xuño.

Por motivos da nova política bancaria facilitamosvos o IBAN da nosa conta
ES08 2080 0097 4630 0005 0630

Página 31 de 88« Primera...1020...2930313233...405060...Última »