Sep 23 2014

Autorización Encontro de pioneiros

Aquí deixamos a autorización para o encontro desta fin de semana. Descargádea e non esquenzades traela firmada para poder asistir.

 

[important]Autorización[/important]

Sep 18 2014

Reunión de pais e nais do G.S. Stoas

Estamos a piques de comezar a Xeira 2014-2015. O kraal xa traballou na programación do novo curso con moitas ganas e moita ilusión, para facer deste próximo ano unha experiencia máis divertida e de máis calidade.

Este venres 19 convocamos a todos os pais e nais do grupo, así como aqueles pais de nenos e nenas que queiran entrar no grupo, a que veñades á reunión de inicio de Xeira, que terá lugar ás 20.30 horas nos locais do grupo na parroquia de San Francisco Javier. Contamos con todos vos!!

Un saúdo scout e sempre listos!!reunion-de-padres1

Ago 07 2014

Día de pais Baamonde 2014

Como ben sabedes, o vindeiro domingo 10 de agosto terá lugar o día das familias do campamento de verán deste ano.

Será un día no que compartiremos risas e grandes momentos todolos piares deste grupo que formamos.

A hora de chegada para os pais e amigos será a partires das 12 do mediodía e pecharemos en conxunto o campamento ás 18:30.

Recordar que neste día típico cada quen trae a súa comida, aínda que coma sempre acabaremos por compartir todo, degustando tortillas e filetes duns e doutros.

Sin mais, esperámosvos cos brazos abertos.

Ata o domingo! !

Página 30 de 88« Primera...1020...2829303132...405060...Última »