Oct 06 2014

Actividade Inicio Xeira 2014-2015 día de familias

O domingo 5 de outubro fixemos o xa tradicional día de familias de inicio de xeira. Este ano non foi a primeira actividade do grupo, xa que o finde anterior os lobecos e rangers fixeron actividade nos locais e os pioneiros participaron todo o fin de semana no Encontro de Pioneiros de Scouts de Galicia, que foi en Rianxo.

Aínda que só puidemos contar coa metade das familias e rapaces do noso grupo, este día foi moi especial porque o pasamos xenial, o tempo acompañou, comimos todos xuntos a estilo bufet empanadas, tortillas, pollo, bizcochos e tartas todas riquismas. Ademáis o Comité de Pais preparou un concurso de pinchos creativos que foi todo un éxito e unhas olimpiadas que fixeron que pais, nais, lobecos, rangers e pioneiros do G.S. Stoas se divertiran todos xuntos. Estamos esperando con ganas o próximo día de familias.

IMG-20141006-WA0003

Oct 06 2014

Actividade Kraal 4 outubro

Pode que vos soe raro. Creiades que os responsables non podían ter actividades sen os rapaces? Pois estabades errados. O kraal do noso grupo gozou este sábado dunha marcha por un dos paraxes naturais máis fermosos da nosa terra, o Parque Natural das Fragas do Eume, o cal abarca sobre 9.000 hectáreas (una superficie enorme, para que nos fagamos unha idea 1 campo de fútbol ocupa aproximadamente 1 hectárea).10348201_10205143846134995_5995497618384456004_n10487438_10205143868375551_990342860584951412_n

Dentro desta inmensa extensión viven menos de 500 persoas, o que significa que é un espazo practicamente virxe. Os espectaculares bosques que conforman as Fragas do Eume seguen o curso do río Eume, que lles da o nome. O parque ten forma de triángulo, estando nos vértices e fronteiras os municipios de As Pontes, Pontedeume e Monfero.

10702228_10205143840054843_6472670788725462003_n

Neste Parque Natural podemos atoparnos carballos, chopos, freixos, ameneiros, máis de 20 tipos de fentos e 200 de liques. Ademais deste espectacular paraxe natural, no corazón do bosque atopase o Mosteiro de Caaveiro, un antigo cenobio con máis de 10 séculos de historia. O kraal andamos dende o punto de partida, que foi centro de información turística situado ao inicio das Fragas, un total de 8 km. , 5 dos cales foron por medio do bosque, xa que pareceunos unha ruta máis scout que ir pola estrada. Rematamos no Mosteiro de Caaveiro, onde xantamos os nosos bocatas e tomamos un café ben quente para entrar en calor, pois durante toda a mañá estivo chovendo e chegamos empapados. Despois de descansar un anaco e visitar o Mosteiro cunha visita guiada, decidimos subir o que os paisanos chaman “rompe pernas” que é unha costa de 2 km, que vai ascendendo ata a parte máis alta da montaña.  Ao rematar regresamos ao punto inicial pola estrada.

 

Foi unha experiencia única e moi satisfactoria para todos os membros do kraal, que xa estamos argallando a nosa próxima aventura. Queda pendente levar aos rapaces para que poidan gozar eles tamén deste entorno tan especial.

1921955_10205143860895364_5285106035368975988_n

Kraal do Grupo Scout Stoas.

Sep 29 2014

Actividade rangers 27 setembro

Hoxe, día 27 de Septembro de 2014,os lobecos e os rangers do Grupo Scout Stoas tivemos a primeira actividade da xeira 14/15. Chegamos aos locais e repartimos a lotería de Nadal, despois os que fixeron pedidos da tenda scout colleron o que mercaron . Ao rematar , dividímonos por ramas e cada unha comezou coa súa actividade.Os rangers presentámonos ante un novo compañeiro e falamos das actividades deste primeiro trimestre. Decidimos qué patrullas facían a oración e a noticia os seguintes días e comentamos os extrajobs que íamos facer para pagar o campamento de inverno. Seguidamente colocámonos en patrullas nas mesas e os responsables repartironnos novas fichas , algunhas explicando os cargos das patrullas.Decidimos quen tiña cada cargo mentres íamos sacar unha foto de un en un. Rematamos a actividade e os que faltaran en coller a lotería , a colleron e marcháronse para casa.  Este foi o noso primeiro día.

Un saúdo da patrulla dos linces . (Paula, Brais, Adri e Ana)

Página 29 de 88« Primera...1020...2728293031...405060...Última »