May 14 2015

Campamento de verán Aveiro 2015

Compartimos o folleto do campamento de verán, que como sabedes vai ser no centro scout Sao Jacinto, en Aveiro (Portugal). Para descargar o folleto e autorización preme no seguinte enlace:

diptico autorizacion aveiro

Por tratarse dun campamento no estranxeiro é preciso que cubrades un formulario para dar permiso de que os vosos fillos saían ao estranxeiro. Este formulario tedes que cubrilo nun cuartel da Guardia Civil ou da Policia Nacional. Vale calquera e tedes que ir os dous pais ou titores legais co libro de familia, o voso DNI e o DNI do voso fillo se ten. Na Guardia Civil ten 30 días de validez e na Policia Nacional parece que 90 días. Preguntade cando vaiades a cubrilo. Para descargar o formulario de permiso para saída ao estranxeiro (é o da Guardia Civil) premede no seguinte enlace:

formulario_autorizacion_salida_menores_extranjero_V2

Por último, tedes que solicitar a tarxeta sanitaria europea por internet, teléfono ou acudindo a unha oficina do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Os pasos para solicitala por internet van no seguinte enlace:

Pasos para pedir la Tarjeta Sanitaria Europea

Non vos olvidedes dos prazos que veñen sinalados no folleto. Este ano vamos a ser máis estrictos cos mesmos pois é impresicindible ter pechado o número de participantes con suficiente antelación. Os prazos son os seguintes: 6 de xuño confirmar asistencia ou non asistencia, 6 de xullo pagar por ingreso bancario, 23 de xullo entregar a tarxeta sanitaria europea, a autorización e o permiso para saída ao estranxeiro. O 5 de agosto (o día da saída) entregar DNI ou libro de familia menores de 14 anos sen DNI.

Por outra banda, queremos aclarar que o horario de chamadas é de 15 a 16 horas hora portuguesa ou sexa que en hora española teredes que chamar entre as 16 e 17 horas hora española. De todas formas sabedes que se hai calquera motivo polo que teñamos que chamarvos xa o facemos, así que non é preciso chamar todos os días. Avisaremos cando cheguemos e cando vaiamos a sair.

Abr 21 2015

Indicacións para chegar ao San Xurxo

Aquí deixámosvos a ruta de google maps de como chegar ao lugar de acampada para que o sábado 25 cheguedes sen problemas á comida e/ou eucarístía do San Xurxo.

 

 

Abr 16 2015

Actividade rangers 11 abril

O sábado pola mañá fomos ao parque de Vioño .Xa alí fixemos unha ximcana con xogos ambientados na aventura: Xiana botiboti, Sara pelea de pelotas, Analia brilé con presidente, Tori había cousas no centro e os ladróns tiñan que collelas e os polis pillarlos, Alba non chegamos a facer pero era faros e barcos.

Un saúdo, patrulla de Águias (Sara Martínez, Tori, Xiana Casal, Analía e Alba Ansede).

Página 21 de 88« Primera...10...1920212223...304050...Última »