Ago 31 2015

Encontro de pioneiros

O último fin de semana de setembro os pioneiros e pioneiras de Stoas participarán na II edición do encontro de pioneiros de Scouts de Galicia, no que se reúnen os mozos e mozas scouts da nosa comunidade para pasar 3 días xuntos, compartir experiencias e dar comezo á xeira.

982204616

Este ano o encontro realizarase en Quintá de Cancelada (Becerreá, Lugo) do 25 ao 27 de setembro. A saída será en torno ás 20h do venres dende A Coruña, estando o lugar de saída aínda por determinar e puidendo sufrir variación a hora de saída. A volta será o domingo pola tarde aínda por determinar. Os participantes teñen que levar material de acampada nunha mochila (neceser, toalla, chanclas, roupa de abrigo, muda, saco de durmir, esterilla, lanterna, cantimplora, prato, poto e cubertos, calzado cómodo e impermeable, etc.). Por último, compre dicir que esta acampada non ten coste para os pioneiros, xa que está totalmente subvencionada.

Non os esquezades de confirmar a vosa asistencia antes do 5 de setembro se queredes comezar a xeira con enerxía e bo ambiente! En canto poidamos confirmaremos os datos que faltan e subiremos a autorización para que descarguedes e traian xunto coa tarxeta sanitaria.

Ago 18 2015

Campamento verán 2015

CAM01890Vimos de rematar fai uns días o prato forte da xeira, o campamento de verán. Desta vez, como xa sabedes moitos de vos fomos a un centro scout en Sao Jacinto, Aveiro, en Portugal. Fixemos un campamento conxunto co Grupo Scout Tau, co que quedamos moi contentos e co que esperamos facer máis cousas xuntas. Ademais, no centro scout había outros grupos españois, de Extremadura e Cataluña e tamén grupos portugueses e uns scouts franceses.

Pasamos 10 días moi especiais nos que fomos navegantes portugueses e descubrimos moitas cousas sobre eles. Non faltaron as construcións, as veladas, as olimpiadas, os campamentos voantes, as promesas (sempre moi emotivas) e outras actividades novas para Stoas como unha batalla naval por unidades! Tampouco olvidaremos a acción servizo que fixemos no centro limpando unha zona de acacias.

Pasado o campamento queda traballo por facer, pois o kraal temos que reunirnos para valorar a pasada xeira e programar a nova. Proximamente teredes novas de cando comezarán as reunións, pero para que vaiades preparándovos, será cara finais de setembro.

Un saúdo do kraal de Stoas. Sempre listos!!

Jun 07 2015

Saída ao aquapark de Cerceda

IMG_2314O fin de semana do 20 e 21 de xuño imos pechar a xeira con dúas actividades especiais que esperamos sexan do voso agrado. O sábado 20 faremos unha saída ao aquapark de Cerceda, como ven sendo habitual nos últimos anos, pero desta vez non imos coa parroquia xa que non van participar. A saída será tamén para os pais e nais do grupo e iremos todos xuntos en bus.

Para descargar a circular con toda a información e a autorización (só fai falla se o rapaz ven só) premede no seguinte link: autorización aqaupark

O domingo 21 volveremos a vernos para disfrutar dun Show de Pais, un evento con moita tradición en Stoas, pero que levábamos varios anos sen facelo. O show terá lugar no salón de actos da parroquia (onde facemos as reunións de pais), ás 17h e constará dunha actuación por unidade e varias sorpresas que non vos podedes perder. Con este evento pecharemos o curso ata o campamento de verán.

Página 20 de 88« Primera...10...1819202122...304050...Última »