Oct 07 2015

Actividade Rangers Sábado 3 de Outubro

O sabado 3 de outubro empezou a xeira 2015/2016.
Os rangers subimos aos locais e presentamonos para coñecer a os novos.
Despois puxémonos por patrullas e revisamos as fichas do caderno de caza que tiñamos ou q necesitabamos e cada patrulla repartiu os cargos que ía ter cada un.
A continuación copiamos o calendario.
E finalmente fixemos uns xogos: un futbol chino e duas piñas.
Pasámolo xenial.
Un saudo
As águias: Alba, Sara, Xiana, Analia e Tori

Oct 05 2015

Actividade Lobecos 3 outubro

Este sábado a manada Dewanee vímonos de novo despois dalgún tempo e puidemos contarnos que tal nos foi o final de verán. Ademais, había novas incorporacións: Ana, Sara e Adrián e tamén cambios no kraal pois temos un novo Baloo e unha nova Bagheera! Como o domingo 4 foi o día de San Francisco de Asís fixemos un rastrexo polo barrio para atopar pistas sobre este personaxe tan importante para os lobecos. Descubrimos entre outras cousas o gran amor que San Francisco tiña pola natureza, en especial os lobos, e como se adicou a traballar polos pobres e os máis necesitados, dando servizos a súa comunidade. Ademáis disto tamén limos un anaco do primeiro capítulo do Libro das Terras Vírxenes, marco ambiental da nosa rama.

Esperamos que disfrutárades tanto coma nós e vémonos o vindeiro sábado.

Deixámosvos cunha foto dun dos equipos durante o rastrexo:

CAM02025

Sep 21 2015

Autorización anual

Como anunciamos na reunión de pais, esta xeira introducimos unha autorización que terá caracter anual. É dicir, con cubrir e firmar esta única autorización cubrense todas as saídas e acampadas dun máixmo de 3 noites de pernocta e sempre que se realicen dentro de Galicia. Por tanto, esta nova autorización serve para todo (tanto saídas ou acampadas de todo o grupo como só da unidade do voso fillo ou filla) menos para o campamento de verano.

Para descargar esta nova autorización preme no seguinte enlace: modelo autorización toda a xeira

Página 19 de 88« Primera...10...1718192021...304050...Última »