May 08 2016

Actividade 7 de maio

Este sábado tivemos actividades de unidade nos locais:

-Lobecos: cada unha das tres seisenas tiña que traer preparado unha actividade para facer coa manada. A seisena laranxa (Noa Antelo como seisenera e Alex, Paula, Jesús e Hugo) preparou un xogo no que os outros lobecos da manada Dewanee tiñan que exercitar os seus sentidos do gusto, vista e tacto: primeiro tiveron que probar cos ollos vendados distintos alimentos, a continuación tiveron que memorizar a colocación duns obxectos e, despois de ser movidos, acertar cales eran os cambios no orde do principio e finalmente acertar onde estaban agochados os lobecos da seisena laranxa utilizando só o oído, xa que estes facían sons dende o seu escondite. A seisena azul (Ainhoa como seisenera, Noa Tenreiro, Ana, Jonatan e Juncal) preparou varios xogos: brilé, boti-boti e escondite- pilla. Por último, a seisena verde (Martín como seisenero, Sara Ansede, Sara Sánchez, Jeny, Adrián e Lucas) optaron por facer unha obra de teatro improvisada entre todos.

-Rangers: en palabras da patrulla das Águias (Alba Ansede como piloto, Sara Martínez, Xiana Casais e Tori) “este sábado 7 de maio, a actividade tocáballe a patrulla das Águias. Consistía en varios xogos,o primeiro estaba ambientado na película de Peter Pan, había que buscar por todo o local os diferentes personaxes da película, e ó encontralos dábanche tres direccións, ás que podías dirixirte ata atopar o tesouro (isto é o que crían os rapaces, pero realmente non había escondido ningún tesouro); a segunda era unha especie de rastreo sen pistas, que levábate outra vez aos locais. Onde xogamos no salón de actos un “Tenebras”. Fixemos a valoración do xogo, e demos a todos un premio ben merecido: unha galleta oreo dobre crema. Logo despedímonos e fomos para casa. Pasámolo moi ben”.

-Pioneiros: estiveron planificando as súas próximas actividades e fixeron o vídeo de presentación para o subcampo 2 no que están inscritos dentro do Pioway 2016.

A continuación deixamos algunhas fotos:
IMG-20160507-WA0001

IMG-20160507-WA0000

CAM03036

CAM03033

CAM03031

CAM03030

CAM03029

CAM03027

CAM03026

CAM03025

CAM03024

CAM03023

CAM03022

CAM03021

CAM03020

CAM03019

Abr 30 2016

Actividade 30 de abril

Este sábado, último do mes de abril, volvimos a ter actividade despois do fin de semana de San Xurxo no que só tivemos encontro os responsables de Scouts de Galicia. Hoxe voltamos ás actividades normais por ramas e fixemos o seguinte:

-Lobecos: estiveron falando sobre o acoso escolar e elaboraron unha tarxeta de felicitación para as nais, decorando con estampados moi coloridos. Ao final baixaron a xogar á rúa.

-Rangers: foron facer xogos deportivos ao parque de Bens.

-Pioneiros: tiveron unha charla sobre os efectos fisiológicos das drogas, da man outra vez da asociación Enfermería en Acción.

Deixámosvos algunhas fotos.CAM02997

CAM02996

CAM02995

CAM02994

IMG-20160430-WA0001

IMG-20160430-WA0000

CAM03000

CAM02999

CAM02998

IMG-20160430-WA0006

IMG-20160430-WA0005

IMG_20160430_174452

IMG_20160430_174450

IMG_20160430_174455

Abr 10 2016

Stoas express

Esta fin de semana o kraal do Grupo Scout Stoas tivo unha actividade moi especial na que perfeccionaron as súas técnicas de orientación e marcha, ademais de disfrutar dun entorno estupendo e convivir xuntos facendo comunidade. Os responsables dividironse en 3 equipos correspondentes aos kraales de unidade e coa mochila ao lombo, un mapa e un compás comezaron o camiño en formato carreira de orientación, saíndo escalonados por 15 minutos.

A través de pistas previamente escondidas polo Grupo Scout Ronsel, quen colaborou con nós e o que agradecemos enormemente a súa axuda -pois non sería posible o xogo sen ela- tiñamos que descubrir as coordenadas do seguinte punto. O punto de partida foi Cabanas e de alí pasando por Pontedeume comezou unha subida interminable até o Castelo medieval dos Andrade. O seguinte punto foi a Igrexa de Santa Mariña de Tabóada, dende onde partimos cara a Igrexa de Ombre e por último tocou volver a Cabanas. En total máis de 20 km nos que houbo tempo para rir, sufrir e disfrutar da boa compañía do mellor kraal posible. Á noite fomos cara A Regueira (Oza dos Ríos) onde cenamos á carón do lume e xogamos ao “Black Box”, un xogo de responder preguntas cos compañeiros no que descubrimos un pouco máis uns dos outros e pasamos un bo rato.

De volta á Coruña vimos coas pilas cargadas para continuar coas actividades e facendo escultismo. Aquí vos deixamos unhas imaxes do que deu de sí esta actividade de kraal.
IMG_20160410_123029IMG_20160410_122859IMG_20160410_123021

IMG_20160410_123031

 

IMG_20160410_123027



IMG_20160410_123019

IMG_20160410_123016

IMG_20160410_123013

IMG_20160410_123010

IMG_20160410_123007
IMG_20160410_123005

IMG_20160410_123003

IMG_20160410_123001

IMG_20160410_122958

IMG_20160410_122956
IMG_20160410_122951

IMG_20160410_122948

IMG_20160410_122945

IMG_20160410_122943

IMG_20160410_122938
IMG_20160410_122935

IMG_20160410_122932

IMG_20160410_122930

IMG_20160410_122927

IMG_20160410_122924
IMG_20160410_122922

IMG_20160410_122919

IMG_20160410_122916

IMG_20160410_122913

IMG_20160410_122907
IMG_20160410_122904

IMG_20160410_122902

IMG_20160410_122859

IMG_20160410_122852

IMG_20160410_122849
IMG_20160410_122845

CAM02885

CAM02884

CAM02883



IMG_20160410_122845

CAM02885

CAM02884

CAM02883

Página 11 de 88« Primera...910111213...203040...Última »