Jun 07 2016

Actividade 4 xuño

Este pasado sábado 4 de xuño os lobecos fixeron as dúas últimas actividades do programa de medio ambiente, que consistiron nun experimento de pegar celo transparente en varias follas de árbore para comprobar se estaban manchadas pola contaminación do aire e un xogo no que uns eran árbores e só movias as ramas (brazos) e tiñan que pillar aos outros que eran partículas de CO2 pero cada vez había menos árbores (principalmente por culpa do ser humán, por incendios provocados ou tala excesiva) polo que cada vez as árbores o tiñan máis dificil para coller ás partículas.

Pola súa parte os rangers fixeron unha asamblea na que tiveron que decidir cousas importantes de cara a este final de curso e sobre todo para a próxima xeira.

Finalmente os pioneiros fixeron un descanso na súa empresa para ver a reciente estrenada película do Libro da Selva. IMG_20160606_213845

May 21 2016

Saída ao centro de turismo escuetre O Ventoso- Lobecos

tm_O ventoso 10O próximo sábado 28, como xa falamos, os lobecos da manada Dewanee do Grupo Scout Stoas imos a ir xunto aos lobecos do Grupo Scout Ronsel, ao centro de turismo ecuestre O Ventoso, en Laracha, unha granxa escola na que imos coñecer como coidar un horto e aos animais de granxa, montar a cabalo, facer pan e outras actividades relacionadas co traballo no campo e coa natureza, que de seguro nos axudarán a comprender mellor a importancia de coidar o medio ambiente.

Ata alí imos ir en coches. Bagheera e mais Baloo van levar os seus coches, polo que precisamos que descarguedes esta autorización e a cubrades para que poidan vir. Cubrídea todos aínda que non todos van vir nos nosos coches, xa que algúns terán que ir con algún pai. Xa o falamos polo grupo!

A autorización é a seguinte:permiso viaje en vehículo particular O Ventoso

Deixamos o enlace da páxina web do Centro O Ventoso, para que vexades onde está e como é: http://www.turismoecuestreoventoso.com/localizacion.php?idioma=es

May 19 2016

Autorización para pioneiros

Os pioneiros e pioneiras que vaian a ir á actividade deste sábado 21 e domingo 22 de maio deberán descargar a autorización para viaxar no vehículo particular dos responsables do grupo. Para descargar a autorización preme no seguinte enlace: autorización menores en coche

Esperamos pasar unha boa fin de semana e que o tempo nos acompañe!!.

Saúdos coa man esquerda!

Página 10 de 88« Primera...89101112...203040...Última »