Tenda scout

shopNa tenda Scout pódense comprar varios artigos, entre os que destaca o uniforme, que está composto por:

  • Unha pañoleta, que non se compra na tenda, senón que hai que conseguir facendo a promesa scout. A primeira non ten un custo económico, tendo as seguintes o prezo de coste de confección.
  • Unha camisa da cor da unidade (Lobecos: amarelo, Rangers: azulón, Pioneiros: vermello, Rotas: verde escuro e Responsables: azul celeste). Tense que coser as insignias que se detallan máis adiante. 
  • Un pantalón desmontable azul mariño.

Na camisa disporanse cosidas as seguintes insignias: na manga esquerda, a 3 centímetros das costuras que unen a manga co corpo da camisa, e en paralelo á liña desa costura, a insignia curvada que pon “SCOUTS MSC”. Debaixo desta, a 2 centímetros e centrada respecto á outra, coserase a insginia mundial, a circular e morada que representa a Flor de Lís e expresa a pertenza á Organización Mundial do Movemento Scout (OMMS). Por último, centrada no peto dereito a insignia circular co peixe de Scouts de Galicia.

 

 

O uniforme é un símbolo de gran importancia para un scout porque o identifica e axuda a sentir parte do movemento.  O pantalón e camisa é de uso para os momentos solemnes (eucaristias, cerimonias de promesas, pases de pola, saídas e inicio e clausura dos campamentos). A pañoleta usarase sempre, no caso de tela. A maiores do uniforme básico, no catálogo pódense mercar outros artigos, como polo de traballo, polar, guogos (pasapanos), cinturón, etc.

A tenda non está aberta todo o ano, senón que hai que facer un pedido a nivel de SDG, que normalmente faise dúas veces ó ano, a principios e finais de xeira. De todas formas sempre avisaremos de cando se pode realizar o pedido, o cal teredes que comunicar ós responsables para que estes o fagan chegar ós encargados de xestionar o pedido para todo SDG.

 

Senembargo, os elementos engadidos abaixo estarán dispoñibles todo o ano.

 

No hay productos en este grupo.

No hay productos en este grupo.

No hay productos en este grupo.

 

Hai mais productos para escoller, pero que non están arriba, para velos descarga o catálogo deste ano aquí -> CATÁLOGO TENDA 2013
Camisas-ScoutsMSC-2015

 

 

 

Deja un comentario