↑ Volver a Unidades

Lobecos

 

Son nenos e nenas de 8 a 11 anos aproximadamente. Identifícanse pola camisa de cor amarela e en conxunto forman a “Manada”. A manada de Stoas chámase Dewanee, nome co que os animais do “Libro da Selva” de Rudyard Kipling nomeaban á loucura; no noso caso, a manada acolleu este nome como símbolo de ledicia e bo ánimo que caracteriza sempre a un bo lobeco.

Precisamente o libro da selva é o marco simbólico e  gran xogo no que o lobeco será o protagonista apoiado polos personaxes positivos encarnados nos responsables. Nesta unidade procúrase unha primeira adquisición de normas a través das Máximas, o Lema e a Promesa.

Os lobecos organízanse a través de Seisenas (nomeadas por cores), Asembleas, Consello da Rocha e se reunen no seu lugar propio, “o cubil”.