↑ Volver a Nós

¿De qué formamos parte?

 

O escultismo ou movemento scout resumiríase como unha opción de educación non formal no tempo libre.

Actualmente hai máis de 28 millóns de scouts en 160 países, rexistrados na OMMS (Organización Mundial do Movemento Scout), constituíndo así o movemento xuvenil máis importante do mundo.

 

O escutismo é un movemento educativo que ten a finalidade de acadar unha educación integral dos nenos e nenas e mozos e mozas de xeito que unha vez rematada a súa educación no grupo sigan sendo/actuando como scouts toda a súa vida.

O escutismo busca personas comprometidas co seu espacio e tempo propio, que sexan activos e críticos coa súa persoa e sociedade, e que sexan quen de transformarse e transformala activamente.

Pola súa parte, dentro do MSC (Movemento Scout Católico) e concretamente no español; existen distintas federacións, unha delas: Scouts de Galicia – Escutismo Católico Galego (SdG-ECG), que conta con aproximadamente 350 membros entre rapaces e rapazas dende os 8 aos 18 años y 150 responsables dispostos a axudalos repartidos por 12 grupos diseminados pola xeografía galega, pertencentes a 4 Asociacións Diocesanas diferentes. Stoas pertence á Asociación Diocesana de Escutismo de Santiago de Compostela (ADE de Santiago), a máis antiga e numerosa das catro.