↑ Volver a Nós

Grupo

 

 

O Grupo Scout Stoas, pertence á Asociación Diocesana de Escutismo de Santiago de Compostela (ADE de Santiago), federada a Scouts de Galicia-ECG. Fundouse no ano 1997 no barrio do Ventorrillo, asociado á Parroquia de San Francisco Javier, que é a entidade patrocinadora. A partires do 2011 é cando o seu consiliario, Severino, faise cargo da parroquia veciña Nosa Señora do Pilar, polo que o grupo pasa a extender a súa liña de acción e comeza a traballar nas dúas parroquias, mantendo a súa base na parroquia de San Francisco Javier.

Somos un grupo moi concienciado coa realidade do nóso barrio, no que históricamente conviviron gran diversidade de etnias e clases sociais, sendo a ferramenta que actúa como o pegamento que une todo isto; facendo dende un principio que aquel que forme parte do grupo disfrute crecendo en armonía coa natureza e os valores do escutismo.

Traballamos mediante reunións semanais (os sábados de 11:30 a 13:30), nas que facemos dende obradoiros ata saídas dun día. Ademais, e como prato forte, realizamos campamentos en Nadal, Semana Santa e, por suposto, no verán.

O noso historial de campamentos de verán até o de agora é o seguinte:

Verán:                                                                             

1999 Fonte Santa

2000 Monterroso

2001 Centroña (Pondedeume)

2002 A Regueira (Oza dos Ríos)

2003 Os Ánxeles (Brión)

2004 Valdoviño

2006 Pontevea (Teo)

2007 Pontevea (Teo)

2008 Sistallo (Cospeito)

2009 Valdoviño

2010 Beluso (Bueu)

2011 Sistallo (Cospeito)

2012 Narahío (San Sadurniño)

2013 Pontevea (Teo)

2014 Cercud Baamonde (Lugo)

2015 Centro Scout Sao Jacinto, Aveiro (Portugal)

2016 Cela (Bueu)+Pioway

2017 Jamscout Covaleda

O Símbolo

O noso grupo representáse por un logo que segue as cores da nosa pañola. Éste representa un edificio grego chamado “estoa”, lugar onde se reunían os pensadores (chamados estoicos) nas cidades da Grecia antiga.

Nun primeiro momento este logo era únicamente en negro e con liñas un tanto serias. En 2006 (e con motivo do 10º aniversario en 2007) fíxose unha revisión para darlle un aire un pouco mais xuvenil e desenfadado, simplificandoo e, entre outros cambios, incluindo o texto “grupo scout”, o cal aporta unha información necesaria para que nos represente dunha forma axeitada.

A pañola

 

A pañola identificanos coma grupo scout. Cando un scout a leva indica a súa pertenenza a un grupo e ao movemento scout mundial, e no noso caso que ten feita a súa promesa scout. Cada grupo escolle as súas cores libremente, coa única premisa de que non pode repetirse dentro da asociación. Normalmente ten algún significado implícito.

A nosa pañola é de cor azulón co ribete branco. Simbolizan as cores típicas da cidade que nos veu nacer, A Coruña, o azul do mar e o branco do ceo típico nubado de Galicia.

 

 

 

Uniformidade
1.- Sentido e función do uniforme scout.

O Uniforme Scout mantén dende a súa aparición até os nosos días un sentido e un valor recoñecidos, que xustifican e dan significado á súa utilización.
O uniforme é un manifesto de cara ao exterior do noso compromiso co Movemento Scout e os seus
valores, converténdose así na seña de identidade mais determinante.
2.- Uso do uniforme.

O uniforme empregámolo en momentos de certa importancia e solemnidade, coma celebracións especiais (promesas, pasos de rama, consellos…) e actividades grupais nas que se considere oportuno.

Por iso, é bastante importante que todo aquel que forme parte do grupo trate de ter o uniforme para estos momentos e contribuir así á imaxe grupal e ao seu propio sentimento de pertenza ao grupo.

3.- Partes do uniforme.

A uniformidade na nosa asociación componse de:
• Camisa de unidade: Remangada e de distinta cor segundo a unidade (amarela os lobecos, azul os rangers, vermello para os pioneiros, verde no caso dos rutas e celeste para os membros do kraal).
• Pañoleta: todo aquel que se teña comprometido cos valores do Escutismo e, polo tanto, teña realizada a súa Promesa Scout.
• Insignias: son 5 e situaránse a curva de Scouts MSC, a Flor de Lís mundial e a da ADE Santiago na parte superior do brazo esquerdo, a tres dedos da costura do ombro e separadas uns dous dedos unha da outra. No peto esquerdo irá a de Scouts de Galicia (pez cunha concha cara arriba). Por último, enriba do peto esquerdo vai a nova de Scouts MSC.
• Pantalón desmontable azul marino: no caso de non telo, pode ser sustituido en caso de emerxencia por un vaqueiro azul oscuro (longo ou curto), pero nunca un leggin ou mini-short).
• Calzado: O calzado mais apropiado para un scout é o de trekking (botas ou tenis, sempre cunha membrana resistente a agua tipo gore-tex). Non será adecuado, nin permitido, o uso de bailarinas, tenis de tea e similares co uniforme.

Tanto as camisas, insignias, como pantalóns desmontables estarán dispoñibles a  través da nosa web no apartado de tenda.