↑ Volver a Nós

¿Qué facemos?

Segundo a súa idade os nenos, nenas, mozos e mozas realizan distintas actividades: xogos, obradoiros, dinámicas de grupo, charlas informativas, excursións, marchas, actividades deportivas e intelectuais, video e discofórums… e o prato forte: acampadas de 3-4 días en Nadal, pequenas acampadas de fin de semana e campamentos de verán duns 12 días.

 

 

 

 

As ramas según idade son as seguintes:

Lobecos: 8 a 11 anos

Rangers: 11 a 14 anos

Pioneiros: 14 a 16 anos

Rotas: 16 a 19 anos

Todas estas actividades están destinadas a que os participantes desenvolvan as súas capacidades físicas, psíquicas e sociais.

Mais aínda existindo esta división, tamén realízanse actividades todos xuntos, onde cada participante asume responsabilidades segundo a súa idade. Así o grupo funciona como un núcleo de convivencia na que os pilares fundamentais son o kraal, os rapaces e rapazas e as súas familias, que tamén teñen participación activa no grupo.