Ti

 

 

Se desexas participar na aventura Scout, non tes máis que achegarte un sábado ás 11:15 h polos locais e alí falar cos responsables do grupo. Eles diránche de qué sección tes que formar parte, e alí coñecerás novos amigos/as e comezarás a divertirte.

Non precisas nada máis, só gañas de divertirte. Non é necesario material algún.

Para contactar connosco podes facelo vía mail: stoas@scoutsgalicia.org ou vía telefónica no 627 004 632.  A nosa base atópase na rúa Monasteiro de Bergondo S/N, nos locais da parroquia San Fco. Javier. Podes chegar en bus urbano nas liñas 12A, 12, 14 e 7 (esta última para xusto diante dos locais).

Despois dun par de actividades fala cos teus responsables, eles daránche a documentación necesaria para encher cos datos precisos (ou se queres descargaa dende esta mesma páxina no apartado de recursos).