«

»

Oct 28 2017

Reunións 28 outubro 2017

Neste sábado 28 de outubro voltamos á calma despois do XX aniversario. Cada unidade fixo unha actividade diferente. Pola mañá os rotas tiveron a primeira asamblea da xeira na que falaron das súas expectativas, dos problemas que pode haber dentro de cada comunidade e dos obxectivos que se plantexan. Quedaron en traer a programación para o próximo sábado e comezar xa a preparar o seu proxecto comunitario. Os pioneiros este sábado tiveron que vir pola tarde e estiveron elaborando a súa constitución, pensando ideas para a empresa e comezaron a programación para esta xeira.

Mentres tanto, pola tarde tamén se reuniron os rangers e os lobecos. Os primeiros prepararon por patrullas un anteproxecto de aventura e a manada Dewanee realizaron un obradoiro de decoración de cabazas e aprenderon a historia do Samaín. Foi un día de moito traballo pero tamén diversión e ganas de comezar con forza esta xeira.

Deja un comentario