«

»

Jun 07 2016

Actividade 4 xuño

Este pasado sábado 4 de xuño os lobecos fixeron as dúas últimas actividades do programa de medio ambiente, que consistiron nun experimento de pegar celo transparente en varias follas de árbore para comprobar se estaban manchadas pola contaminación do aire e un xogo no que uns eran árbores e só movias as ramas (brazos) e tiñan que pillar aos outros que eran partículas de CO2 pero cada vez había menos árbores (principalmente por culpa do ser humán, por incendios provocados ou tala excesiva) polo que cada vez as árbores o tiñan máis dificil para coller ás partículas.

Pola súa parte os rangers fixeron unha asamblea na que tiveron que decidir cousas importantes de cara a este final de curso e sobre todo para a próxima xeira.

Finalmente os pioneiros fixeron un descanso na súa empresa para ver a reciente estrenada película do Libro da Selva. IMG_20160606_213845

Deja un comentario