«

»

May 21 2016

Saída ao centro de turismo escuetre O Ventoso- Lobecos

tm_O ventoso 10O próximo sábado 28, como xa falamos, os lobecos da manada Dewanee do Grupo Scout Stoas imos a ir xunto aos lobecos do Grupo Scout Ronsel, ao centro de turismo ecuestre O Ventoso, en Laracha, unha granxa escola na que imos coñecer como coidar un horto e aos animais de granxa, montar a cabalo, facer pan e outras actividades relacionadas co traballo no campo e coa natureza, que de seguro nos axudarán a comprender mellor a importancia de coidar o medio ambiente.

Ata alí imos ir en coches. Bagheera e mais Baloo van levar os seus coches, polo que precisamos que descarguedes esta autorización e a cubrades para que poidan vir. Cubrídea todos aínda que non todos van vir nos nosos coches, xa que algúns terán que ir con algún pai. Xa o falamos polo grupo!

A autorización é a seguinte:permiso viaje en vehículo particular O Ventoso

Deixamos o enlace da páxina web do Centro O Ventoso, para que vexades onde está e como é: http://www.turismoecuestreoventoso.com/localizacion.php?idioma=es

Deja un comentario