«

»

May 08 2016

Actividade 7 de maio

Este sábado tivemos actividades de unidade nos locais:

-Lobecos: cada unha das tres seisenas tiña que traer preparado unha actividade para facer coa manada. A seisena laranxa (Noa Antelo como seisenera e Alex, Paula, Jesús e Hugo) preparou un xogo no que os outros lobecos da manada Dewanee tiñan que exercitar os seus sentidos do gusto, vista e tacto: primeiro tiveron que probar cos ollos vendados distintos alimentos, a continuación tiveron que memorizar a colocación duns obxectos e, despois de ser movidos, acertar cales eran os cambios no orde do principio e finalmente acertar onde estaban agochados os lobecos da seisena laranxa utilizando só o oído, xa que estes facían sons dende o seu escondite. A seisena azul (Ainhoa como seisenera, Noa Tenreiro, Ana, Jonatan e Juncal) preparou varios xogos: brilé, boti-boti e escondite- pilla. Por último, a seisena verde (Martín como seisenero, Sara Ansede, Sara Sánchez, Jeny, Adrián e Lucas) optaron por facer unha obra de teatro improvisada entre todos.

-Rangers: en palabras da patrulla das Águias (Alba Ansede como piloto, Sara Martínez, Xiana Casais e Tori) “este sábado 7 de maio, a actividade tocáballe a patrulla das Águias. Consistía en varios xogos,o primeiro estaba ambientado na película de Peter Pan, había que buscar por todo o local os diferentes personaxes da película, e ó encontralos dábanche tres direccións, ás que podías dirixirte ata atopar o tesouro (isto é o que crían os rapaces, pero realmente non había escondido ningún tesouro); a segunda era unha especie de rastreo sen pistas, que levábate outra vez aos locais. Onde xogamos no salón de actos un “Tenebras”. Fixemos a valoración do xogo, e demos a todos un premio ben merecido: unha galleta oreo dobre crema. Logo despedímonos e fomos para casa. Pasámolo moi ben”.

-Pioneiros: estiveron planificando as súas próximas actividades e fixeron o vídeo de presentación para o subcampo 2 no que están inscritos dentro do Pioway 2016.

A continuación deixamos algunhas fotos:
IMG-20160507-WA0001

IMG-20160507-WA0000

CAM03036

CAM03033

CAM03031

CAM03030

CAM03029

CAM03027

CAM03026

CAM03025

CAM03024

CAM03023

CAM03022

CAM03021

CAM03020

CAM03019

Deja un comentario