Ene 15 2017

Reunións 14 xaneiro 2017

A primeira reunión de unidades deste ano estivo marcada polos reencontros e as altas ganas de comezar o segundo trimestre. Os lobecos púxeron ao día os seus cadernos de caza e as puntuacións das seisenas tendo en conta o campamento de Nadal, e tamén tiveron tempo para xogar e rir moito, sobre todo pasalo ben en manada. Os rangers continuaron coa súa aventura de magos, mentres os pioneiros e os rotas avaliaron o primeiro trimestre e planificaron o segundo.

Dic 11 2016

Os lobecos preparan as velas da Luz da Paz de Belén

No día de onte pola tarde os lobecos da manada Dewanee estiveron decorando as velas da Luz da Paz pegando en cada una das 250 unidades unha pegatina conmemorativa da Luz deste ano, que serán entregadas o próximo domingo na misa das 11:30 para repartir a Luz a todos os asistentes. Falamos do significado desta Luz, da súa historia, etc.

Non só fixeron isto, senón que tamén repasamos como conseguir as pegadas de compañerismo, comportamento, autonomía, habilidade, coñecemento e compromiso, repartimos as primeiras da xeira, actualizamos marcadores de seisenas valorando a marcha das mesmas nas reunións pasadas e tamén cantamos algunha canción antes de marchar.
img_20161210_171517

img_20161210_171538

img_20161210_172232

img-20161210-wa0007

img-20161210-wa0008

Dic 11 2016

Os rangers continúan coa súa aventura de magos

Este sábado 10 de decembro de 2016 os rangers do Grupo Scout Stoas continuaron coa súa aventura de magos e foron facer trucos de maxia ao parque. Dentro de pouco vai rematar o seu primeiro trimestre en Howgwarts!
img-20161210-wa0004

Página 5 de 88« Primera...34567...102030...Última »