May 01 2017

Normativa do Jamscout

Descargade a normativa do Jamsvout, de obrigado cumprimento para todos os participantes: Normativa-Jamscout_v1

Abr 11 2017

Autorización viaxe Pascua Arzúa

Bos días, no seguinte enlace: modelo autorización menores en coche podedes descargar a autorización para viaxe de menores en vehículo particular pois iremos nos coches de Adri, Diego e Baloo (David Míguez) na ida e no de Diego e outro por determinar á volta. NON CUBRADES O NOME DO CONDUCTOR NO QUE VAI A VIAXAR, PORQUE ISO O REPARTIREMOS O MESMO DÍA E XA O CUBRIMOS NÓS.

Mar 05 2017

Reunións 4 marzo

Este sábado as distintas unidades fixeron:

-lobecos: redactaron unhas cartas para enviar a outras manadas de grupos que van ao Jamscout e así coñecerse antes de ir en verán. Tamén tiveron tempo para xogar ao boti-boti e ao brilé na praza de Madariaga. Destacar que unha nova axudante vino axudar ao kraal e que hai un novo lobeco na manada!

-rangers: tiveron un obradoiro de figuras tridemensionais con papel.

-pioneiros: seguiron planificando a súa empresa e outras actividades que queren organizar.

-rotas: fixeron unha asamblea de Clan na que avaliaron o feito até agora e detectaron os problemas que estàn tendo para fixar solucións.

Página 1 de 8512345...102030...Última »